• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2018/2019
Imprimir

PROXECTO Igualdade + Corresponsabilidade = RESPECTO

Durante os últimos anos produciuse na nosa sociedade un importante avance na loita cara a Igualdade Real e Efectiva das persoas así como contra a violencia de xénero, e malia iso, dita violencia, nas súas múltiples manifestacións, segue estando presente. As cifras falan por sí soas.
Na Lei Organica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero recoñécese que a violencia de xénero é a expresión máis brutal da desigualdade entre homes e mulleres, xa que “se dirixe sobre as mulleres polo mesmo feito de selo e por ser consideradas polos seus agresores carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión”.
Recoñecer a súa gravidade e a necesidade de previla, impulsa a seguir intentando detectar como son as primeiras manifestacións da violencia na adolescencia. Dende a ANPA PICARIÑOS somos conscientes de que cando esa violencia aparece, produce graves consecuencias sobre as súas vítimas, tanto a curto como a longo prazo, marcando a posibilidade de que se incremente o risco de sufrila na idade adulta.

A pronta intervención con estratexias de prevención e sensibilización facía os nosos menores, adolescentes e xóvenes na loita contra esta lacra social para romper o legado das crenzas machistas que se transmiten de xeración en xeración e que aínda hoxe, na actualidade, están presentes na nosa sociedade de xeito ás veces sutil e encuberta, afianza o compromiso que debe existir entre administración, escola, familia e sociedade.
Intervir nos centros escolares sobre esta materia, é unha acción fundamental para xestionar a desigualdade e violencia que pode aparecer nas relacións afectivas entre os e as estudantes.

Os centros escolares teñen unha gran capacidade para impulsar o desenvolvemento integral das persoas, superando as limitacións que impoñen os estereotipos de xénero e as condutas sexistas.
Sen esquecer ás familias, parte importante na decisión de educar en Igualdade, Cor-responsabilidade e Respecto entre persoas, sen importar sexo ou xénero.
Temos por diante unha ardua responsabilidade social para coa nosa poboación infantil e adolescente. Un proceso de ensino-aprendizaxe para contribuir respecto de a súa formación na súa identidade de xénero e nas relacións cos seus pares.

Dende fai varios anos a nosa ANPA xa coordina anualmente diferentes accións no centro desta temática, cunha inversión media de 1.000€ por curso. Reflexionando sobre esa responsabilidade social, a ANPA PICARIÑOS preparou un proxecto máis completo para este curso 19-20 (irémonos a máis de 3.500€ de inversión, dos cales unha parte serán financiados a través dunha axuda solicitada en Xuño e concedida dende a Xunta de Galicia en Setembro), para executar neste mes de Outubro e no mes de Novembro con todos os pequech@s do centro, en colaboración co propio centro e o seu profesorado. Propuxemos a posta en marcha de xornadas, actividades e obradoiros, a desenrolar en horario lectivo no centro escolar, sobre Igualdade, Violencia de Xénero, Corresponsabilidade e Educación Afectivo-Sexual. Temáticas para traballar tamén cos adultos no formato de Escola de Familias en 4 sesións.
Traballar conxuntamente permítenos avanzar cara á IGUALDADE, onde mulleres e homes gocemos dunha vida sen violencia, exercendo os nosos dereitos como cidadás e cidadáns.

SESIÓNS ESCOLA DE FAMILIAS PARA PAIS/NAIS/TITORES/AS
AGARDAMOS A VOSA PRESENZA

- "CORRESPONSABILIDADE", CON GLORIA FONTAN CASAS, NO MOME – 16 OUTUBRO – 19.30 H

- "FERRAMENTAS PARA EDUCAR EN IGUALDADE DENDE A CASA", CON ANA TORRES JACK, NO MOME – 28 OUTUBRO – 19.30 H

- "IGUALDADE DE XÉNERO NA REDE", CON JOSÉ TORRES, NO MOME – 14 NOVEMBRO – 19.30 H

- "EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL: PISTAS PRECISAS PARA AS FAMILIAS", CON CARLOS VILA, NO MOME – 28 NOVEMBRO – 19.30 H

Durante os vindeiros días, @s nen@s do noso centro disporán en horario lectivo de diferentes sesións e actividades deste proxecto, das cales vos faremos chegar información a través de nota impresa polos propios nen@s.

PARA A ANPA PICARIÑOS É UNHA SATISFACIÓN EXECUTAR ESTE TIPO DE PROXECTOS. PERO PARA CHEGAR A CRECER MÁIS SE CABE E LEVAR A CABO NOVOS PROXECTOS, PRECISAMOS DA AXUDA DE TODAS AS FAMILIAS DO CENTRO, FACÉNDOSE SOCIAS DA NOSA ANPA.

SE A VOSA FAMILIA TODAVÍA NON É SOCIA NON ESPERES MÁIS, ASÓCIATE Á ANPA PICARIÑOS.

 

 

 

FALDON NOTAS