As Novas Tecnoloxías, ¿un adianto ou un risco?
O vindeiro xoves ás 20,30 h. no Museo do Moble e da Madeira de A Estrada (MOME), terá lugar unha conferencia sobre Tecnoadición “uso ou abuso: atrapados na rede?” a cargo do responsable do equipo de investigacion tecnolóxica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil, José E. Torres.
As Novas Tecnoloxías son un fenómeno relativamente recente que xenerou importantes cambios na nosa sociedade que, aínda que contribuíron a calidade de vida das persoas, parece que non están exentas de problemas ou riscos.
José E. Torres falará de cómo debemos medir a forma de relacionarnos coas Novas Tecnoloxías.