• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2018/2019
Imprimir

BANCO DO TEMPO DA ESTRADA

O Banco do Tempo da Estrada é unha iniciativa cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, destinada a crear un sistema de intercambio de servizos e coñecementos entre persoas que ten como moeda de cambio a hora.

A través desta iniciativa as persoas colaboran aportando axuda ou habilidades de forma libre e gratuíta. Unha persoa presta a outra un servizo, en función das súas habilidades e coñecementos, por un tempo determinado (por norma xeral unha hora) e ten dereito a recibir outro servizo por parte doutra persoa. 

banco do tempo

Participar no Banco do Tempo permite compartir e adquirir coñecementos e habilidades, axudar a persoas que o necesitan e recibir axuda, así como coñecer a novas persoas e crear novos círculos de amizades.

Inscrición
Para inscribirse a persoa interesada realizará unha breve entrevista coa Técnica do Banco do Tempo, co obxectivo de que esta manifeste os seus intereses tanto á hora de ofertar como de recibir servizos.

Contacto
- Oficina do Banco do Tempo: Praza da Constitución, 1 - Centro de Información ás Mulleres (1º andar do Concello da Estrada)
- Teléfono: 986 590 151
- Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Máis información na páxina web: http://www.bancodotempo.aestrada.com/

CATALOGO DE SERVICIOS (ARCHIVO PDF)