• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2020/2021

Convocatorias de Asemblea Ordinaria e Extraordinaria - Setembro 2021

en .

Boas a tod@s. Pregamos a lectura aos soci@s da ANPA desta comunicación IMPORTANTE. Aos non asociados animarvos a que vos fagades socios da ANPA neste curso 2021/2022.

 Tal como se indica nos Estatutos da ANPA Picariños os asociados e asociadas teñen entre os seus dereitos a opción de elexir e ser elexidos para cargos directivos da ANPA.

O pasado mes de Abril de 2020 tiñamos convocada a renovación da Xunta Directiva, a cal por motivos da pandemia retrasouse ata o mes no que estamos. Chegados a este punto, procedemos a informar aos nos@s asociad@s do procedemento de elección da nova Xunta Directiva, o cal será con candidaturas conxuntas (puidendo presentarse calquera grupo de nais ou pais membros da nosa ANPA aos postos que consideren oportunos). Se algún asociado desexa presentarse individualmente a formar parte da Xunta Directiva deberá comunicarllo á Anpa tamén. As comunicacións deberanse realizar mediante correo electrónico dirixido a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

Igualdade + Corresponsabilidade = RESPECTO II

en .

Nos vindeiros 2 meses levaremos a cabo a segunda edición do Proxecto “Igualdade + Corresponsabilidade = RESPECTO II”, o cal foi aprobado e subvencionado ao abeiro das SI449B, que son as Axudas económicas ás Anpas destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres, contando co apoio económico da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e do Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad.

PORTADA FACEBOOK
Esperamos que o proxecto, dada a gran aceptación do ano pasado por parte dos nen@s, profesorado e familias, sexa de novo un éxito.
Colgaremos nuns días o calendario de accións de interese deste proxecto na nosa páxina de Facebook, plataforma na cal centralizaremos a información sobre o desenrolo deste proxecto, o eu percorrido nas aulas, etc.
 
Sempre en coordinación co Centro en canto ás medidas de Seguridade e Hixiene e cumprindo os protocolos.
 
Visita xa www.facebook.com/anpapicarinos e mantente informado sobre o avance do proxecto.