FINDE AVENTURA
Anexamos información relativa a actividade "finde aventura" organizada por FANPA PONTEVEDRA e que se realizará o vindeiro 28 e 29 de xuño, esperamos que sexa do voso agrado e contar coa vosa participación.
FINDE AVENTURA
|
DESCRICIÓN DO PROXECTO |
Pasar unha fin de semana en familia, xunto a outras familias, nunha paraxe excepcional dos arredores da nosa cidade, disfrutando da natureza practicando kaiak e sendeirismo coa modalidade Nordic Walking, provistos de bastóns.
OBXECTIVOS |
- Pasar unha fin de semana en familia.
- Realizar actividades de aventura na nosa contorna.
- Coñecer o Nordic Walking.
- Convivir e compartir espazo e tempo con outras familias.
DESTINATARIOS/AS |
Familias con fillos e fillas dispostas a pasar unha fin de semana inesquecible.
Os/as menores de 5 anos non poderán participar na actividade de Kaiak.
O número mínimo de participantes na actividade será de 10 persoas e o máximo de 20, sempre tendo en conta as prazas do hotel.
INSTALACIÓNS |
Hotel as Islas, Vilaboa. Ao lado do club de piragüismo de Vilaboa, con piscina, terraza e barbacoa.
CALENDARIO E HORARIO |
Incorporación o sábado 28 de xuño ás 16:00 h e saída o domingo 29 de xuño ás 13:00 h.
RECURSOS |
Recursos Humanos: monitores/as do club de piragüismo de Vilaboa e acompañantes ao sendeiro.
Recursos Materiais: chalecos, palas, embarcacións, paus de Nordic Walking (sendeirismo con bastóns) opcionais.
ORZAMENTO |
O seguinte orzamento inclúe:
- Estancia no hotel Las Islas en réxime de media pensión (cea e almorzo).
- Aluguer material de kaiak e monitores/as acompañantes.
- Opcionais bastóns de Nordic Walking.
- Monitora acompañante no sendeiro.
Persoas socias de ANPA federada …………………..………….. 40 €
Persoas non socias de ANPA federada…………………………. 50 €
As familias con 5 ou máis membros inscritos terán un 25% de desconto, nas inscricións a partir do quinto membro.
Os menores de 5 anos gratis.
INSCRICIÓNS |
Do 13 ao 17 de xuño no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. " target="_blank"> Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando:
- 18.0pt;mso-list:l1 level1 lfo2;tab-stops:list 0cm"> - Nomes e apelidos de todos os membros da unidade familiar que participarán na actividade indicando a idade dos menores.
- 18.0pt;mso-list:l1 level1 lfo2;tab-stops:list 0cm"> - Documento escaneado que xustifique pertencer a unha ANPA federada na FANPA
O 18 de xuño as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas socias de ANPA federada.
Do 19 ao 23: as persoas admitidas farán o ingreso correspondente no seguinte número de conta (Banco Caixa Geral): IBAN: ES 6601303002420124462566
Esta actividades será levada a cabo pola empresa Abrakadabra.
Teléfonos de información: 986 858 605 (FANPA) ou 986 103 557 (Abrakadabra)
Máis info en: http://nontedurmas.org/actividades/article/finde-aventura