Imprimir

Os CEIP de Oca e Figueiroa son os modelos, con xantar de cátering que xestionan os pais

Outros dous colexios do municipio estradense xa dispoñen dun servizo de comedor xestionado polas asociacións de pais e nais de alumnos. Son os CEIP de Oca e de Figueiroa. Despois de intentar en balde que a Consellería financiase o servizo, os pais decidiron facerse cargo do mesmo.

O comedor de Oca funciona con cátering de Sala Gradín financiado integramente polos pais, que contan cunha axuda do Concello para a contratación do monitor que vixía ao alumnado.

O horario escolar é de 10.00 a 13.35 e de 15.30 a 17.15 horas de luns a xoves. Os venres, só pola mañá. O servizo de comedor é utilizado por unha media de 15 nenos. O custo que asumen os pais é de 4,5 euros por día e neno -5 euros os días soltos-.
En Figueiroa, a pesar de haber xornada continuada de 9.00 a 14.00 horas, fan uso do servizo de comedor máis de 40 alumnos.

Os días de maior afluencia son os mércores, con ata 47 comensais. O cátering corre a cargo de Serunion. O custo para toda a semana rolda os 85 euros. Os días soltos cóbranse a 7,50 euros. Hai descontos para o segundo irmán, familias numerosas ou usuarios do comedor e do Plan Madruga.

 

FUENTE: LA VOZ DE GALICIA

*** Corregir el error de la noticia "O custo para toda a semana rolda os 85 euros", ese coste es mensual, no semanal.