• ANPA PICARIÑOS, HAZTE SOCIO - DESCARGATE LA SOLICITUD ADMINISION COMO SOCIO - CURSO 2022/2023
Imprimir

Francisco Castro visita o CEIP de Figueiroa

Escrito por anpa. Publicado en NOTICIAS

“Cando estás con unha boa historia o mundo desaparece”… dicíalle onte o escritor Francisco Castro aos nenos do CEIP de Figueiroa que acudían á súa charla con motivo do Día do Libro. Francisco Castro (Vigo, 1966) traballa na actualidade na Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Castro describeu a lectura como “alimento para a alma”. Remontouse aos seus anos de neno, cando cunha máquina de escribir Olivetti coa que tiñas que empezar de novo si te equivocabas, “había que pensar moi ben o que escribías”.

DSC_0378

Tras estudar a carreira de filosofía e exercer como mestre durante 8 anos, un día comenzou a escribir relatos, e aos 22 anos tiña o primeiro libro publicado. Pasarían 6 anos antes de que Francisco publicase o seguinte.

“Escribo os 365 días do ano, levántome ás 5 h. da mañá, xa que entre ás 5 e as 7,15 da mañá hai un silencio absoluto e vivo nun absoluto mundo de ficción, cuns personaxes que só están na miña cabeza”.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa.

A día de hoxe Francisco Castro leva 18 libros publicados: O neno can, Xeración perdida, Chamádeme Simbad, Spam e O segredo de Marco Polo son algúns deles. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.

FUENTE: CATROGATOS.COM