Imprimir

Exposición de libros no CEIP Figueiroa

Escrito por anpa. Publicado en NOTICIAS

Coma todos os anos ao chegar o Nadal o colexio de Figueiroa en colaboración coas librerías de A Estrada organiza unha exposición de libros para que todos nos animemos a incluír alomenos ún entre as peticións que fagamos aos Reis. O CEIP de Figueiroa agradece ás librerías Alberte Quiñoi, Durán, Faro, Lolimay e Marxe a súa participación nesta actividade de fomento da lectura, que chamamos  ”Na túa carta de Reis…  un libro tamén”. Esta exposición permanecerá aberta ata o vindeiro martes día 17 de decembro en horario de 16:00 a 18:00 h e poderá ser visitada por todos os membros da Comunidade Educativa.

 

+ info y fotos AQUI