Imprimir

Presentación do Método de aritmética mental con ábaco

en .

O mércores pola tarde tivo lugar no restaurante Samaná unha charla informativa propiciada pola FANPA de Pontevedra e FESANPAS de A Estrada para que as familias coñezan o método de aritmética mental con ábaco implantado fai 3 anos na Coruña e despois en Vigo, Pontevedra, Marín e Poio.

UCMAS é un programa de desenvolvemento intelectual no que o protagonista é o neno. Está deseñado para estimular unha utilización máis completa do cerebro, especialmente do hemisferio dereito. A través do cálculo mental e utilizando como ferramenta de aprendizaxe o ábaco, os alumnos/as pasan do mundo físico ao abstracto conseguindo independizarse de dita ferramenta a transferir os coñecementos a un ábaco mental (imaxinario). No transcurso desta acción contribúese á consecución dos diferentes obxectivos propostos e dos beneficios que supoñen a aprendizaxe do método.

Son moitos os beneficios para o estudante:

-O programa contribúe a evitar o fracaso escolar e capacita ao alumno/a para unha formación ao longo da vida. Para a obtención dos diferentes beneficios que conforman o método requírese práctica diaria.
- UCMAS incrementa a exactitude e a velocidade, ademáis de mellorar a memoria.
-Axuda a aumentar a capacidade de aprendizaxe, escritura, lóxica, análise e investigación.
-Estimula a concentración así como a comprensión.
-Axuda a desenvolver a imaxinación e mellorar o rendemento académico do neno/a.
-Perdura no tempo
-Axuda a desenrolar a imaxinación, mellorar o rendemento académico do neno e prepara aos nenos para a competición.
-Mellora a memoria visual, a confianza nun mesmo reduce o tempo de aprendizaxe.
-Estimula o sentido do oído, así como dalle a seguridade necesaria para competir a escala mundial.
-Aumenta a atención do neno e axuda a manexar o estrés.
-Transición de primaria a secundaria de forma menos agresiva.
-Favorece as habilidades innatas.
Este programa vai dirixido a nenos en idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos, intervalo no que está demostrado que é maior a capacidade de aprendizaxe e a adquisición de habilidades. Observouse que del 75-85% do desenrolo do cerebro sucede só durante este período de tempo.

MAS INFO Y FOTOS EN CATROGATOS.COM